Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Acordo entre as partes para presentar unha proposta de venda a Alcoa

Por 31 Agosto, 2021Sin comentarios

A ministra de Industria, Reyes Maroto, presidiu onte unha nova reunión coa Xunta, sindicatos e comité de empresa, na que se tratou sobre o proceso de venda de Alcoa e na que se asegurou que “traballan en común para desbloquear o proceso de venda coa elaboración dun documento común”.

Segundo explicou o comité de empresa, que preside José Antonio Zan, durante toda a semana se traballará nese documento para presentar á empresa. Zan explicou que Alcoa ten que ter intención de vender e o Goberno a intención de intervir no proceso “xa sexa a través da SEPI ou doutra ferramenta”, dixo.

Tampouco hai conclusión aínda sobre as empresas que optan á compra e que presentaron as súas ofertas xa que primeiro hai que “solicionar o proceso de bloqueo da venda”.