Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

O CB Sarria celebra xornadas de portas abertas

Por 24 Agosto, 2021Sin comentarios

O CB Sarria informa da celebración de xornadas de portas abertas para os equipos de categorías de formación. Así pois, nestas dúas primeiras semanas de adestramentos o equipo sarriao fará sesións de portas abertas para que poidan probar aqueles nenos e nenas que non teñan claro que deporte elixir este vindeiro curso ou para aqueles que, simplemente, desexen probar unha nova disciplina.

Esta opción é totalmente de balde e todas aquelas persoas interesadas poden poñerse en contacto co club no número de teléfono 650 191 777 (Adrián) ou no enderezo electrónico cbsarria@cbsarria.com.

As categorías nas que se ofrece esta posibilidade son: categoría premini feminino e masculino -nenos e nenas nados no 2012, 2013, 2014- e categoría mini feminino e masculino -nenos e nenas nados no 2010 e no 2011-.

En canto aos horarios, a categoría premini feminina e masculina adestrará luns e mércores de 10 a 11.15 horas e martes de 11.15 a 12.30 horas. No caso da categoría mini feminino os horarios son luns de 11.15 a 12.30 e martes e xoves de 10 a 11.15 horas. Finalmente, na categoría mini masculino os horarios son luns, martes e xoves de 17 a 18.30 horas. Para máis información pódense consultar as redes sociais do club.