Skip to main content
Ourol

O Concello de Ourol comeza a tempada de obras e melloras

Por 14 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Ourol rematou as obras incluídas dentro do Plan Único da Deputación da anterior anualidade. “Acabamos fai uns 10 días as obras de reparación de vías de case todas as parroquias, con aglomerado e doble rego asfáltico e que contaron cun importe de 171.194,79 euros”, informou o alcalde ourolés, José Luis Pajón.

Tamén finalizaron fai unha semana as melloras en camiños de acceso a parcelas agrícolas con fondos de Agader e que contaron cuns 62.000 euros de investimentos.

No tocante á eficiencia enerxética, están rematando a rehabilitación enerxética da envolvente térmica da Casa Consistorial e Centro Social de Ourol e mellora da eficiencia nas instalacións de climatización dos edificios da Casa Consistorial, Centro Social e Edificio Multiusos. “Tamén cambiarase o tellado da antiga camara agraria e fiestras con outra inversión da IDAE”, di Pajón, “E hai destinados uns 20.000 euros para para o cambio de fiestras e portas dos locais sociais de Sixto e Miñotos”.

Por outra banda, este ano teñen adxudicada o cambio de mellora da traída de augas con cargo ao Fondo de Compensación e que consistirá na reposición e reparación de instrumentos en arquetas e tubaxes nas “que hai bastantes roturas”, estas obras faranse nas parroquias de Xeriz e Bravos.

“Na traída xeral que sae dende a depuradora haberá que reparar as arquetas e reformalas por unhas máis grandes, así como substituír compoñentes como empates, válvulas, manillas, etc, porque son da época da construción inicial da depuradora e xa están bastante deteriorados”, comunicou o rexedor.

Dende o Concello esperan que estas obras, que contan cun orzamento de arredor de 90.000 euros,comecen pronto “neste mes de setembro e teñen que estar rematadas a mediados de outubro”.

Outra das obras que lles falta por adxudicar é a dunha canalización electrica de preto dun quilómetro para a subministración de enerxia no depósito de auga de Ourol, “pois temos colocadas unhas placas solares pero non son tan efectivas como esperabamos nun principio xa que se atopa nunha zona sombría e o clima tampouco axuda”.