Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

A SD Sarriana comeza a competición esta fin de semana

Por 17 Setembro, 2021Setembro 18th, 2021Sin comentarios

A SD Sarriana comeza de novo a liga de Preferente esta fin de semana. Despois das fichaxes e das diferentes renovacións anunciadas e xa en proceso de adaptación, o estadio municipal de A Ribela volve acoller un partido oficial.

O encontro disputrarase o domingo 19 de setembro contra o Galicia Mugardos e será ás 18 horas. A Sarriana, despois de quedarse a piques do ascenso, volve competir na liga Preferente Galega Norte co obxectivo de mellorar os resultados da pasada campaña.

Movementos no equipo

A Sarriana conta cun amplo equipo composto por fichaxes, renovacións e xogadores da canteira que este ano estarán dirixidos polo novo adestrador, Edu Rodríguez.

Así pois, entre os xogadores renovados atópanse Oscar Rivas, Javi Liz e Parapar na portería, Keko Vilariño, Jacobo Vilariño, Diego Rey, Javier Carnero, Ruchi, Álex Pérez, Omar e Gerardo.

Xunta a eles, están as fichaxes que apostaron polo proxecto que ofrecía o equipo sarriao coma Diego Torres, procedente do Lemos, Yago Fernández, Diego Rey e Carlos Murua, tres xogadores sarriaos que chegan ao equipo procedentes do Club Deportivo Lugo, Julio Camba, do Santaballés, Diego Mitogo, do CD As Pontes, Pancho, ex do Deportivo da Coruña B e procedente do Atlético Coruña Montañeros e Iago Fernández, procedente do CD Velle.

Ademais, incorpóranse ao equipo senior os canteiráns Fabián Tourón e Raúl.

Unhas fichaxes de calidade que, unidas á base do equipo que se mantén dende o ano pasado, buscarán competir ese ascenso que este ano quedou tan preto de alcanzarse.