Skip to main content
Sarria

Raquel Queizás presenta en Sarria Cinema Marabillas. Ver para ler!

Por 16 setembro, 2021outubro 28th, 2021Sin comentarios

Raquel Queizás chega a Sarria para presentar Cinema Marabillas. Ver para ler!. Con esta actuación preténdese dar a coñecer a relación que existe entre o cine e a literatura infantil e xuvenil.

A cita levarase a cabo no día de mañá, venres día 17 de setembro, ás 17.30 horas na biblioteca pública Camilo Gonsar.

Daranse a coñecer diferentes obras coma Polgariño, Alicia no pais das marabillas, Peter Pan, O mago de Oz; e gozarase coa proxección de fragmentos das primeiras adaptacións cinematográficas de cine mudo inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura.