Skip to main content
Sarria

Sarria acolle un espectáculo de teatro para bebés o domingo

Por 25 Setembro, 2021Sin comentarios

Chega a Sarria este domingo 26 de setembro un novo espectáculo de teatro chamado Brilla Brilla. Unha actuación de teatro para bebés que vén a cargo da compañía Trémola Teatro.

Brilla Brilla é una obra de teatro sensorial para bebés que lles fará aprender valores tan importantes como é compartir. A través de diferentes elementos sensoriais (campás, confeti, luz negra, instrumentos,…) os máis pequenos e pequenas da casa gozarán desta aventura.

O espectáculo realizarase ás 12 horas na Casa da Cultura en Sarria e levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.