Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

A Mancomunidade ofrece colaboración para que Altri se ubique na Mariña

Por 14 Outubro, 2021Outubro 15th, 2021Sin comentarios

O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, pide “concreción e confirmación” ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, para que Altri se ubique na Mariña e ofrece a total colaboración dunha comarca cunha grave crise industrial. 

Cajoto acolleu con moderado optimismo o anuncio feito Feijoo durante o Debate do Estado da Autonomía, no que adiantou que a provincia de Lugo é a opción escollida pola Xunta para a planta de Altri de fibras téxtiles: “a provincia de Lugo é moi extensa. Sen unha maior concreción, seguimos expectantes polo que poda decidir Santiago. A nosa comarca está a sufrir unha grave crise industrial. Temos man de obra especializada e a materia prima nos nosos montes, sendo como somos principais produtores de eucalipto a nivel estatal. Non podemos permitirnos perder unha oportunidade coma esta, está en xogo dar valor engadido aos nosos montes e xerar máis de 1500 postos de traballos directos e varios miles indirectos: de turismo só non somos capaces de vivir. Seguiremos loitando por Alcoa, por Vestas e por suposto porque a opción da Xunta para Altri sexa a Mariña”.

A este respecto, o presidente da Mancomunidade ofrece toda a axuda posible: “máxima colaboración cos técnicos, ofrecémonos desde xa mesmo a formar parte dun comité que permita superar os atrancos dun proxecto desta envergadura, que marque e defina o mellor solo industrial que poida acoller a planta na nosa comarca. Aquí non estamos para loitas partidistas: polo volume de empregos e a categoría do proxecto pode supor un punto de inflexión na Mariña. Por iso pedimos concreción ao presidente da Xunta, que defenda a Mariña aínda que esteamos lonxe de Santiago”.