Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Continúan as obras na Unidade de Atención Temperá na comarca de Ribeira Sacra

Por 10 Outubro, 2021Outubro 11th, 2021Sin comentarios

Trabállase nos últimos retoques da segunda planta do edificio multiusos da Ribeira que acollerá a Unidade de Atención Temperá. Nestes momentos trabállase en pequenos remates de albanelería e na montaxe do mobiliario. Tamén se están decorando as paredes para que o centro sea máis acolledor por os seus usuarios, nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade.

O rexedor local, Julio Álvarez, e a concelleira de Servizos Sociais, Loli Sánchez, que acudiron a visitar as obras financiadas pola Xunta de Galicia e a Deputación Provincial, calculan que estean rematadas nuns días e que o persoal do Centro de Atención Temperá poida atender aos seus usuarios nestas novas instalacións antes de que remate este mes de outubro.

A Unidade de Atención Temperá nestes momentos da servizo aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Bóveda, O Saviñao e Sober, e estase pendente de asinar o convenio con outros dous concellos da zona sur: A Pobra do Brollón e Pantón.

Posto en marcha polo Concello de Quiroga con achegas económicas da Xunta de Galicia, serve para identificar, previr e actuar sobre os trastornos no desenvolvemento que poidan sufrir os nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade. Nestes momentos atende a unha trintena de rapaces, pero nun mes este número incrementarase ata 45, posto que hai 15 pendentes de rexistrar – como puntualizou a concelleira de Servizos Sociais-.

A unidade, que mentres non pode utilizar as novas instalacións atende nas instalacións do Centro Social de Quiroga, conta cun equipo formado por tres profesionais: un psicólogo, un logopeda, e un fisioterapeuta; especializados en desenvolvemento infantil e atención temperá.

A atención neste servizo, – ao que poden acudir os nenos sen que teñan problemas definidos, se non para axudarlles a un desenvolvemento evolutivo adecuado-, é principalmente a través do servizo de pediatría, que fai o diagnóstico previo, en función do cal derivará a familia á unidade de atención temperá máis axeitada para o caso. Tamén os centros educativos ou as propias familias poden poñerse directamente en contacto con este servizo para que os informen de cal é o proceso a seguir.