Skip to main content
Sarria

O billarista sarriao Juan Pedro Durán participa no Campionato de Europa que comeza mañá

Por 1 Outubro, 2021Outubro 2nd, 2021Sin comentarios

O billarista sarriao Juan Pedro Durán, Gussy, é un dos 4 compoñentes da selección española nos próximos Campionatos de Europa de Snooker que se celebrarán na localidade portuguesa de Albufeira.

Así pois, a competición comeza no día de mañá, 2 de outubro, e rematará o vindeiro día 17 deste mes. No caso de Durán, comezará a competición o mércores día 6 na modalidade de 6 red e, a continuación, seguirá en absoluta e en sénior.

Por outra beira, estes campionatos conteñen tamén categorías sub 18, sub 21, feminino e equipos cunha participación de máis de 200 xogadores.

Hai que destacar que o xogador sarriao estivo o pasado mes de maio no torneo Q School en Sheffield, ademais de ser o único xogador español na Copa do Mundo de Chinese 8 ball, na que alcanzou o pasado ano 2019 a sexta plaza no ránking europeo.

Gussy ten experiencia xogando a un alto nivel con medallas e recoñecementos en campionatos a nivel galego e español, sendo unha gran referencia nesta disciplina.