Skip to main content
Axenda SARRIAXASarria

Sarria acolle a estrea do documental Resoando no Camiño Francés

Por 7 Outubro, 2021Sin comentarios

No día de mañá, venres 8 de outubro, estrearase un documental sobre os seis concertos de Abraham Cupeiro celebrados no verán por diferentes enclaves do Camiño de Santiago, entre os que se atopa Triacastela, Palas de Rei, Monterroso, Melide, Arzúa e Sarria.

Nos concertos empregou instrumentos da antigüidade e creou sons únicos, que transportaron aos espectadores a unha viaxe pola historia a través da música en enclaves únicos do patrimonio galego.

O documental, Resoando no Camiño Francés, verase por primeira vez na Casa da Cultura de Sarria ás 12 horas e, posteriormente, poderase visualizar dende a páxina de YouTube.