Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

As reunións sobre Alcoa continúan en Santiago

Por 22 Decembro, 2021Sin comentarios

As reunións sobre a factoría cervense de Alcoa continúan en Santiago onde este martes os sindicatos fixeron dúas peticións importantes ás administracións.

Por unha banda, á Xunta pídenlle axilizar o proxecto para a ampliación da balsa de lodos e estender a súa vixencia ata 2027 e mesmo amplialo ata o 2032.

Ao Goberno central poñer algún tipo de garantía sobre a operación, para a que piden a Alcoa un aval de 150 millóns en caso de incumprimento dos acordos que deberá depositar nunha entidade bancaria .

Tral a reunión José Antonio Zan, o presidente do comité,  explicou que reclamaran ao Goberno e á Xunta “axilizar as PPA”, os acordos bilaterais para a subministración de electricidade á planta. “A Xunta xa se comprometeu, todas aquelas PPA que sexan de menos de 50 MW estaría disposta a axilizalas”, e o Ministerio para a Transición Ecolóxica “tería que poñer as PPA de máis de 50 MW”.

No tocante ao emprego o comité reclama que non poida haber expedientes de regulación de emprego ata o ano 2028 en Aluminio e que todos os empregados temporais que ao longo do 2021 traballaron na fábrica “pasen a ser fixos en persoal”. Así como que ningunha empresa externa poida aplicar ERES ou ERTES aos seus traballadores.

Na anterior reunión houbo avances na cobertura ás empresas auxiliares ao comprometerse a multinacional estadounidense a estender os seus contratos durante tres anos.