Skip to main content
Sarria

A Milla Urbana de Sarria abre inscricións ata o 29 de decembro

Por 22 Decembro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

A carreira popular Milla Urbana Sarria terá lugar o día 31 de decembro ás 18.00 horas. Para participar nela haberá que inscribirse a través da web www.sarriacorre.com ou www.championchipnorte.com. As inscricións poderán realizarse ata o día 29 ata completar o máximo de participación, 400 persoas.

O percorrido da carreira será nun circuíto periurbano chairo, en liña recta pola rúa Calvo Sotelo. A saída será ás 18.00 horas do día 31 de decembro na entrada de Sarria, na rotonda sita na estrada que ven de Samos, a meta estará á altura do Hotel Roma.
A inscrición será gratuíta e supón a aceptación do regulamento.

Cada corredor terá asignado un dorsal. A entrega dos dorsais realizarase o mesmo día da proba, dende ás 16.00 horas no pavillón dos Institutos de Sarria e, a cronometraxe realizarase a través de chip.

Será motivo de descualificación non realizar todo o circuito da proba, saír sen dorsal ou chip e falsificar os datos personais.

Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría e premio para os gañadores absolutos masculino e feminino, consistente no seu peso en produtos cárnicos porcinos.