Skip to main content
Guntín

As pistas municipais de Guntín contarán cun orzamento de 150.000 para a súa mellora

Por 19 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Os núcleos de Mosteiro, Lousada e Ferroi están a ser arranxadas con aglomerado en quente. Estas estradas estaban en mal estado e supoñían un risco para a circulación. Esta actuación supón un investimento de máis de 100.000 euros foron adxudicadas a empresa Ovisa.

Estas melloras enmárcanse no plan de acondicionamento de vías municipais que ten en activo diferentes proxectos. Paralelamente, estase a mellorar tamén tras estradas de Pradeda. Para o arranxo destas estradas en O Pozo, A Laxe e Alemparte, cóntase con subvencións que superan os 48.000 euros.

As choivas, o mal tempo e a circulación desgasta o pavimento e o estado das estradas polo que este tipo de actuacións son necesarias cada pouco tempo co fin de manter unha circulación segura e cómoda para os veciños e demais cidadáns que utilizan estes viais no seu día a día.

O aglomerado en quente asegura que a mellora será de calidade e máis duradeira. Este tipo de mesturas eran as que se empregaban de maneira tradicional en aeroportos debido ás súas mellores prestacións.