Skip to main content
Lugo

A plataforma change.org conta cunha petición para a apertura do Auditorio de Magoi

Por 25 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A cidade de Lugo conta desde o 15 de xuño de 2016 cun auditorio novo no que se investiron 25 millóns de euros. Na actualidade, a titularidade pertence ao Concello de Lugo.

A semana pasada o grupo popular visitou as inmediacións do Auditorio de Magoi xa que se sentían preocupación pola situación na que está a edificación “que xa parece vello antes de estrealo”.

Durante a visita realizada, de preto de hora e media, puideron comprobar algunha das deficiencias que ten o edificio. Entre outros destacan “as consecuencias da humidade e da condensación por falta de ventilación que provocou desconchados en paredes e teitos; hai zonas con charcos sendo chamativo o que hai no escenario do auditorio grande onde tamén dilatou o solo e hai fendas”. Tamén é sangrante que “os ascensores nunca funcionaran, e que os extintores non teñan data de caducidade polo tanto están sen timbrar…”. Os populares tamén detectaron presenza de pequenos animais que se colan no interior do edificio (corvos, topos ou pequenos roedores) que tamén poden causar danos propios de calquera edificio pechado, sen mantemento e sen unha mínima climatización

Os populares urxen á Lara Méndez para que tome unha decisión urxente xa que “a medida que pasa o tempo se agrava a situación deste inmoble pechado a cal e canto”. Os populares manifestaron que “á vista de que aínda non se sabe cando se farán as obras para abrir o Auditorio de Magoi” anuncia que “volveremos a organizar accións na rúa para visibilizar que Lugo quere que abra esta nova dotación”.

Trala visita, os populares puxeron en marcha unha campaña de recollida de firmas para presionar á alcaldesa de Lugo a que abra o Auditorio de Magoi antes de que se deteriore a instalación por falta de uso.

Os populares sairán á rúa para pedir o apoio aos veciños e veciñas de Lugo co ánimo de que se abra canto antes este edificio no que se investiron 25 M€. Para facilitar a recollida de firmas montarase unha carpa que itinerará por todos os barrios da cidade. Ademais da recollida física dos apoios tamén se dará a posibilidade aos veciños e veciñas de Lugo a sumarse a esta reivindicación a través da platafroma change. org.

A firma desta petición ten como obxectivo que se poña en marcha esta infraestrutura, situada no barrio de Magoi, para dar oportunidades ao talento as diferentes agrupacións culturais, musicais e teatrais. A súa apertura tamén contribuirá á promoción de industrias culturais e creativas e implicará atraer turismo cultural que beneficiará ao emprego e á economía local.

Coa súa apertura os lucenses poderán gañar en comodidade, nunhas instalacións modernas, amplas e equipadas de medios tecnolóxicos de última xeración.

Os populares lembran que o seu grupo leva desde hai un ano protagonizando accións para visibilizar que Lugo ten unha infraestrutura de nivel pechada baixo sete chaves. “A alcaldesa non pode desculparse con que hai deficiencias xa que leva un ano e sete meses para solucionalas, a pelota está no seu tellado e non hai escusas que vallan”.

Desde o PP queren que esta recollida de firmas sexa un reflexo da voz dos cidadáns para activar ao goberno local e facelo rectificar para que converta este edificio no ágora cultural que Lugo merece.

Por último, os populares cren que “xa imos tarde porque agora teriamos que estar a falar de proporcionar un contido de calidade a este auditorio” polo que piden á alcaldesa que “cambie de perspectiva e que vexa nesta dotación unha oportunidade para que o auditorio de Magoi sexa un revulsivo para a nosa economía”.