Skip to main content
Sarria

Hoxe, 18 de xaneiro, Sarria seguirá ofrecendo test de antíxenos gratuítos

Por 18 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Sarria amplia o servizo e no día de hoxe, 18 de xaneiro, ofrecerá test de antíxenos gratuítos. Estas están destinadas a aquelas persoas de Sarria e da comarca que sexan asintomáticas e o desexen. Este punto de probas diagnósticas prestará servizo na tarde de hoxe de 16.00 a 20.00 horas.

Sarria sumarase xunto con Vilalba, Ribadeo e Viveiro aos puntos que xa están en funcionamento na actualidade, Lugo, Monforte e Burela. O obxectivo é o de detectar a incidencia da Covid impedindo así a súa transmisión e promovendo o ben común e a saúde dos veciños e cidadáns.

O lugar elixido para implantar o punto de realización de probas será a casa da cultura e o acceso farase pola rúa Miguel de Cervantes Saavedra.