Skip to main content
Sarria

Este venres 21 sortearanse vivendas de promoción pública de Sarria

Por 19 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Este venres as 9.00 horas o Instituto Galego de Vivenda e Solo sorteará vivendas de promoción pública vacantes en Sarria. Isto terá lugar ante notario no edificio do IGVS localizado na avenida de Ramón Ferreiro en Lugo.

Compravenda ou alugueiro, son as dúas opcións que teñen dispoñibles neste sorteo. O alugueiro terá unha vixencia de sete anos podendo ser estes prorrogables por períodos anuais. A IGVS publicará a lista de persoas seleccionadas unha vez finalizado o sorteo.

VIVENDA DE PROMOCIÓN PÚBLICA
Unha vivenda de promoción pública (VPP) é aquela na que a compra do solo, o financiamento e a construción son xestionadas por un ente público. O Estado encárgase de dar o solo a construtora e a adxudicación dos pisos mediante sorteo ou concurso público.

As persoas interesadas en optar a futuras adxudicacións deberán estar inscritas no Rexistro Único de Demandantes, trámite que poden realizar en calquera momento tanto de xeito presencial como a través da sede electrónica da Xunta. Os listados de candidatos determínanse mediante un sorteo ante notario entre todas as persoas inscritas.