Skip to main content
Triacastela

A Casa do Maior Xeroser en Triacastela ten un usuario dende principios de xaneiro

Por 24 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A Casa do Maior Xeroser no mesmo municipio de Triacastela no baixo do restaurante Vilasante. As instalacións están novas e conta con espazos adaptados para que sexa cómoda para aquelas persoas que teñan mobilidade reducida. Ademais, as persoas terán unha atención individualizada e realizarán actividades personalizadas.

A Casa do Maior está rexentada por Erica, aquí os usuarios poderán realizar diferentes actividades co fin de estar acompañados e entretidos na súa zona. As súas instalacións non teñen barreiras arquitectónicas, polo que son accesibles para calquera persoa. Este tipo de servizos son fundamentais para garantir un envellecemento digno e acorde as necesidades de cada persoa.

As casas do maior son lugares onde os veciños se poden reunir, crear veciñanza, facer actividades e estar en compañía nun entorno rural. Pequenos centros de día que permiten que os municipios que non contan con este tipo de servizo poidan ofrecer terapias e actividades aos maiores dentro da súa contorna.

O horario é de 10.00 a 18.00 horas de luns a venres. As persoas usuarias poden contratar o xantar.

Este servizo conta con cinco prazas, unha xa cuberta dende principios de xaneiro. Os interesados poden solicitar unha das prazas restantes sempre e cando sexan maiores de 60 anos, válidas ou con dependencia recoñecida en grao I ou II. Para acadar máis información pódese chamar aos Servizos Sociais do Concello de Triacastela 982 548 147 ou directamente a Erica 672 279 090.