En total, 10 dos alumnos do Obradoiro de Emprego compartido polos concellos de Triacastela, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro levan acondicionando dende o outono o camiño de Santiago ao seu paso pola parroquia de Pasante. A súa primeira actuación foi a construción dun muro de 40-50 metros de largo. Na actualidade, están a traballar nun segundo muro que terá unha lonxitude máis pequena, entre 25 e 30 metros pero a altura será maior.
Estes alumnos pertencen ao obradoiro de emprego que se forma na especialidade de operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.
Espérase que esta estrutura estea rematada en marzo, co seu remate, o alumnado trasladarase a outro dos concellos a seguir traballando. Esta formación ten unha duración de 9 meses nos que se mesturan teoría e práctica, sendo a práctica este tipo de traballos. Esta actividade conta cun investimento de 346.946 euros.
Pasantes xa foi o escenario no ano 2019 doutra actuación a cargo dun obradoiro de emprego. Nesa ocasión o alumnado rehabilitou un muro de pedra no Camiño de Santiago.
Pasantes forma parte da etapa O Cebreiro-Triacastela do Camiño Francés a Santiago de Compostela. É un dos lugares nos que se pode adquirir Queixo do Cebreiro, un queixo fresco de especial sabor e cunha larga lenda.