Skip to main content
Ourol

Ourol acolle a obra Se pechas os ollos

Por 14 Marzo, 2022Abril 11th, 2022Sin comentarios

O Concello de Ourol acollerá unha obra de teatro o 20 marzo no edificio multiusos. A obra será ás 17.00 horas e titúlase Se pechas os ollos, unha historia sobre como un amor de xuventude pode cambiarche a vida.

Se pechas os ollos é un proxecto teatral que xorde das mentes das integrantes da Cía Trémola Teatro, saída da ESAD de Galicia, partindo do texto da dramaturga Carmen Abizanda. Este é o primeiro proxecto da Cía, que aposta polo teatro como ferramenta de inclusión social.

Con esta peza, amosan a esencia da violencia de xénero a través do teatro, da danza, do teatro xestual, da música. Se pechas os ollos é a mestura de dúas realidades: a través da historia de Jimena, unha personaxe ficticia que sofre violencia de xénero, e que serve como nexode unión. As dúas actrices mostran a súa realidade e a da sociedade na que viven.