Skip to main content
Sarria

A Asociación Amigos do Camiño de Sarria amplía os seus horarios

Por 18 Marzo, 2022Marzo 19th, 2022Sin comentarios

Cos días máis largos, as vacacións de Semana Santa á volta da esquina e a mellora na situación sanitaria, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Comarca de Sarria decidiu ampliar o seu horario de atención ao peregrino na súa oficina que está localizada en Vigo de Sarria. Isto dará resposta ao incremento da demanda de información que sofreu nos últimos días.

O horario, de mañá que está a manexar na actualidade é de 11.30 a 14.30 e de 16.30 a 18.30 horas de luns a sábados. E os domingos tan só prestará servizo en horario de mañá.

Os demais locais turísticos e de hospedaxe da zona xa comezaron a abrir as súas portas tamén, esperando que a comezos de abril se complete a oferta de aloxamentos en Sarria e nos demais municipios da contorna do Camiño Francés.

As previsións de peregrinos son boas tras dous anos de pandemia, algo que xa se viu reflectido durante as últimas dúas semanas co incremento de visitantes e coa chegada de estranxeiros á vila solicitando información.