Skip to main content
Comarca TERRACHÁXALugo

Europastry (antiga Ingapán) aplicou un ERTE sobre 277 traballadores

Por 24 Marzo, 2022Sin comentarios

Europastry aplicou un ERTE sobre 277 traballadores debido á folga de transporte. As plantas de produción de Lugo están paradas dende o luns debido á falta de materias primas. A isto súmase que os produtos xa elaborados permanecen almacenados ao non ser posible o seu traslado e distribución.

O grupo catalán Europastry, aplicou un Expediente de Regulación Temporal de Empleo dende o mércores 23 á maior parte dos traballadores da planta de Ingapan do Ceao, Kentes de Outeiro de Rei e Hornos San Fiz de Begonte. Nelas producíanse diferentes clases de pan, empanadillas, pasteis e pizzas.

A imposibilidade de manter a produción é debido á falta de materias primas para a elaboración dos alimentos ademais, tampouco podían realizar favorablemente a súa distribución.

Polo de agora, o ERTE tan só afecta ás plantas lucenses isto non supón un desabastecemento dos seus produtos xa que ao longo de todo o territorio español, a empresa conta cunha gran capacidade de almacenaxe que impide a rotura na cadea de distribución aos clientes.

Esta é a primeira empresa de Lugo que se ve obrigada a realizar un ERTE sobre os seus traballadores como consecuencia do paro do transporte. A duración do ERTE non está determinada xa que nun primeiro momento prevese que se estenda ata finais de mes, podendo revisarse segundo o que aconteza co paro de transporte.