Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións volverá ao Hospital da Mariña o día 3

Por 28 Abril, 2022Sin comentarios

A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións, UMAR, colocarase  na entrada principal do Hospital da Mariña o vindeiro martes 3 de maio no seu horario habitual, de 11.00 a 13.00 horas.

O fin destes dispositivos é informar a usuarios, profesionais e veciñ@s da situación de emerxencia que está a sufrir a sanidade pública , con déficits importantes de persoal e cunhas agardas inaceptables, tanto para facer probas diagnósticas como para consultas ou intervencións. Tamén desde a UMAR redactaranse e rexistraranse reclamación a aquelas veciñas e veciños que así o precisen e por estes mesmos motivos.

A coordinadora da Plataforma Sanitaria, Montse Porteiro , anima a veciñanza a que se achegue ata a entrada principal do Hospital da Mariña para facer a súa reclamación, porque “ a reclamación é un dos mecanismos dos que dispoñemos para denunciar as vergoñentas  agardas que temos que  soportar, moitas veces ata de ano e medio para facer una proba diagnóstica ou dous anos para una consulta , o que semella esperpéntico e propio de gobernos que priorizan a sanidade privada en detrimento dos servizos públicos”.