Skip to main content
Sarria

A Asociación Iacobus Tui recibe unha doazón de libros da Asociación Amigos do Camiño de Sarria

Por 4 Abril, 2022Abril 5th, 2022Sin comentarios

A Asociación de amigos do Camiño na comarca de Sarria fixo unha doazón de libros a Asociación Iacobus Tui. Nestes escritos publicáronse os relatos gañadores do Concurso Internacional “100 Caminos 100 Relatos: historias breves a Santiago”, no que participaron peregrinos de todo o mundo.

PROXECTO 100 CAMINOS 100 RELATOS
No ano 2020 xusto antes de comezar a pandemia ambas asociacións irmandáronse e crearon así un vínculo cun obxectivo común, promover e fomentar o Camiño de Santiago, co confinamento, para seguir mantendo vivo o espírito do Camiño sacaron adiante un concurso no que os peregrinos tiñan que realizar un relato breve sobre o camiño, este non debería ter máis de 100 palabras.

Na primeira convocatoria recibiron 738 traballos de 40 países diferentes, dada a alta participación, no ano 2021, repetiuse o concurso obtendo 576 relatos de 33 países.

Para coñecer os gañadores, fíxose unha selección cega dos mellores relatos, finalmente estes foron avaliados por un tribunal internacional que lle deu o galardón a Claudio Pupi de Italia, Masachika Hirayama de Japón, Idoia Planillo de España e Andrés Massott de Venezuela na primeira convocatoria. E, a Virgilio Montero de Chile, José Francisco Castillo de México, Verónica Panait de Rumanía e Gayle Johnson de Nova Zelanda, na segunda convocatoria de 2021.

Os premiados recibiron como recoñecemento unha medalla cun Santiago peregrino imaxe do irmanamento entre as asociacións.

Cos 100 mellores relatos de cada concurso editáronse un total de 10.000 libros que se están a repartir de maneira gratuíta na sede da Asociación de Sarria e en Chile.