Skip to main content
Sarria

Sarria aprobou tras sete anos de presupostos prorrogados os orzamentos para o ano 2022

Por 20 Abril, 2022Abril 21st, 2022Sin comentarios

Dende o ano 2015, Sarria non actualizaba os seus orzamentos. O pasado luns deuse a aprobación a través do voto de calidade do alcalde dun presuposto de 12,2 millóns de euros para este ano 2022. O goberno formado por Camiña Sarria e Galicia Sempre, liderado por Claudio Garrido aprobou as contas despois da abstención do PSOE, a ausencia dun edil do PP e grazas ao voto de calidade do rexedor.

En total obtiveron sete votos a favor dos membros do goberno e sete en contra, cinco do Partido Popular e dous do BNG ao ausentarse, Jesús Rodríguez, un dos ediles do PP. O PSOE decidiu absterse dando así luz verde aos orzamentos presentados.

O goberno defendeu os orzamentos como unhas contas que se centran e garantes nunha boa praxis dos servizos públicos. A oposición declarou que estas contas son unha hipoteca para o Concello xa que recolle un crédito dun valor de un millón de euros destinada a inversións. Ademais, a oposición criticou que apenas houbo negociación para realizar os orzamentos e notan en falta investimentos na Relación de Postos de Traballo, en dotacións culturais e na Feculera, entre outros.