Skip to main content
Sarria

Aprobado o orzamento da residencia de maiores Nosa Señora do Carme de Sarria

Por 24 Abril, 2022Abril 25th, 2022Sin comentarios

Os orzamentos da residencia de maiores Nosa Señora do Carme de Sarria para este ano 2022 serán de 1.346.332 euros. Foi o pasado luns cando se aprobaron as contas para este órgano municipal. Este orzamento inclúe como única fonte de ingreso as achegas dos residentes, isto suma un total de 1.004.500 euros, a cantidade restante será aportada polo Concello.

As ordenanzas fiscais polo uso da residencia non sufriron modificacións dende fai sete anos, cando se realizaron os últimos presupostos.

Os gastos que se prevén para esta residencia desmémbranse en 993.132 euros en salarios do persoal, 353.200 euros mantemento dos servizos, 130.000 euros en produtos de alimentación, material sanitario, limpeza e farmacéutico.

A intención do goberno é que a residencia deixe de ser dependente do Concello. Algo que se pode facer real despois de que a Deputación de Lugo aprobara unha moción do Partido Popular para integrar o xeriátrico na rede provincial.