Skip to main content
Triacastela

Triacastela formou parte da serie documental ‘El Camino Interior’ con Miguel Ángel Tobías

Por 6 Abril, 2022Abril 7th, 2022Sin comentarios

O produtor e director de cine Miguel Ángel Tobías acaba de estrear a serie documental Camino Interior, este é un proxecto solidario no que realiza o Camiño de Santiago xunto a nove persoas máis. Nesta ruta xacobea, Triacastela é unha das súas paradas.

O Concello de Triacastela forma parte do Camiño Francés, polo que durante un dos capítulos é o escenario que percorre Miguel Ángel Tobías cun dos profesionais que realizan a ruta con el. O camiño de Santiago leva dende fai séculos sendo unha ruta percorrida por millóns de peregrinos xa sexa por motivos relixiosos, culturais, deportivos ou ocio. As motivacións son diversas, dende retos ata promesas. A realidade manifestada por aqueles que fixeron o camiño é que a ruta ten encanto, maxia, espiritualidade que teñen como resultado unha toma de decisións que poden cambiar a vida das persoas.

O proxecto xurdiu durante a pandemia, o produtor e director de cine chegou á conclusión de que o encerro afectaría de maneira psicolóxica ás persoas e o Camiño sería unha forma de revincularse co aire libre, natureza e un mesmo.

Durante o percorrido, Tobías é acompañado por Alejandra Vallejo-Nágera (psicóloga), Albert Bosch (aventureiro, escritor e emprendedor), David Meca (deportista e nadador de augas abertas), Pedro Aguado (presentador, escritor e conferenciante), Quico Taronjí (xornalista e conferenciante), José María Poveda (neuropsiquiatra e filósofo) y Mario Alonso Puig (médico).

A eles súmanse José Manuel Zapata (escritor e conferenciante), Alicia Sornosa (xornalista, viaxeira e escritora), Nacho Dean (naturalista e escritor), Miguel Blanco (xornalista), José Ramón García (empresario), Bisila Bokoko (empresaria), Edurne Pasabán (alpinista), Cristian Sainz (informático, cociñeiro e ex esquiador paralímpico) e Javier Benavente (empresario).ç

O capítulo no que sae Triacastela poderá verse na TVE proximamente.