Skip to main content
Triacastela

O maior investimento do Plan Único de Triacastela irá destinado ao arranxo de vías

Por 30 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello de Triacastela invertirá máis de 100.000 euros do Plan Único da Deputación de Lugo no arraxo de catro estradas do municipio.

O Concello percibirá un total de 204.000 euros do Plan Único, a maior parte deste orzamento será destinado ao arranxo de pistas. Desta forma ao camiño do Teso en Santalla, irán destinados 53.152 euros, sendo 44.348 euros aportados pola Deputación e a cantidade restante polo Concello.

Tamén se realizarán melloras nas estradas de Barreirín e A Pena, en Biduedo, que levará un investimento de 14.999 euros mentres que o camiño de Valdefonte, tamén na parroquia de Santalla, levará unha inversión de 44.813 euros.

Outra partida do Plan único será para o servizo de Axuda no Fogar que recibirá 19.655 euros. Mentres que 76.847 euros irán destinados ao fomento de emprego e a contratación de persoal.

Por último, o Concello destinará 3.749 euros para a realización de actividades deportivas e para financiar o traslado dos alumnos do curso de natación.