Skip to main content
Ourol

Búscanse dous socorristas para a piscina municipal de Ourol

Por 22 Maio, 2022Sin comentarios

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso de dous postos de socorristas para a piscina publica de Ourol para a tempada de verán do 2022.

A duración dos contratos é de dous meses e once días e para poder optar a este posto de traballo hai que estar desempregado, non ocupado e dispoñible para o emprego, así como estar inscrito no Servizo Público de Emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.

Só serán admitidos e poderán presentarse a este proceso selectivo os candidatos que figuren no listado que remita o Servizo Público de Emprego de Galicia de conformidade coa oferta de emprego presentada hoxe por este concello, non sendo admitido ningún outro candidato que non figure no citado listado.

O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 24 ao 31 de maio de 2022, ambos inclusive. Para máis información haberá que achegarse ou chamar ao Concello de Ourol.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do Concello no enlace.