Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Intenso fin de semana para os equipos autonómicos do CB Sarria

Por 6 Maio, 2022Maio 10th, 2022Sin comentarios

O Club Baloncesto Sarria afronta outro intenso fin de semana de competición máis, ainda que nesta ocasión será un pouquiño máis especial pola estrea na Liga Galega premini do seu equipo feminino. Os dous primeiros compromisos deste equipo despois de proclamarse campión provincial e acceder a esta nova fase da competición serán o sábado no Pavillón do Colexio Esteiro en Ferrol ante o Montrove as 12.30 horas e frente ao Baxi Ferrol pola tarde, ás 18.00 horas.

O sábado serán tamén os partidos dos dous equipos cadetes do C.B. Sarria que están a loitar polo ascenso de categoría. As chicas recibirán ao Montrove no Pavillón do Chanto, a partir das 16.00 horas, coa intención de repetir a contundente victoria lograda a pasada fin de semana (79-104). Á finalización de este encontró será o turno dos rapaces, que medirán forzas desde as 18.00 horas co Cambre tentando desquitarse da derrota sufrida na primeira xornada fronte aos coruñeses (58-54).

Os partidos de competición autonómica para os equipos do C.B. Sarria completaranse xa o domingo, co desprazamento de mini femenino, líder invicto do seu grupo na fase polo título da Liga Galega, para xogar no Pavillón Ventorrillo herculino (12.00 horas) ante o segundo clasificado tamén sen coñecer aínda a derrota, o Basquet Coruña.