Skip to main content
Sarria

Sarria celebra o Día das Letras cun contacontos e un festival

Por 16 Maio, 2022Maio 17th, 2022Sin comentarios

A Casa da Cultura de Sarria acolle este luns como previa á celebración do Día das Letras Galegas un contacontos centrado na vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado nesta edición.

A compañía Trémola Teatro acercará a vida do poeta de Valdeorras aos máis pequenos, que coñecerán así a súa obra nunha viaxe que axudará aos rapaces a saber un pouco máis da nosa tradición facendo paralelismos coa actualidade na que estamos vivindo.

A actividade, promovida pola Concellería de Cultura de Sarria, comezará ás 17.00 horas e a entrada será de balde.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Para o martes, tamén na Casa da Cultura pero a partir das 19.30 horas, quedará o Festival das Letras Galegas 2022. Baixo a organización de Sarricanta recupérase esta tradicional iniciativa, que non se puido facer os dous últimos anos pola pandemia da Covid-19, e que vai incluir actuacións musicais, teatrais e lecturas de poemas.

O grupo Siniestro Parcial, formado por alumnos do Instituto Xograr Afonso Gómez, será o encargado de animar un festival no que tamén tomarán parte o Coro Sarricanta, Cantareiros da Unión e Rebuldeira Teatro.

A entrada será tamén de balde.