Skip to main content
Sarria

O campamento urbano de verán Sarriaconcilia 2022 abre a inscrición con case o dobre de prazas

Por 19 Maio, 2022Maio 21st, 2022Sin comentarios

Sarria volverá a ter campamento urbano este verán. A boa acollida que tivo a pasada edición provocou que os servizos sociais do Concello decidisen manter a iniciativa para nenos de 4 a 12 anos, que este mércores 18 de maio abriu o seu primeiro prazo de inscrición.

Esta primeira oportunidade de apuntarse a “Re-Actívate, Campamento urbán de conciliación Sarria Concilia 2022” finalizará o 25 de maio ás 14.00 horas e está dirixida ás familias nas que os dous proxenitores están traballando, realizando estudos regrados ou cursos de formación laboral ou as familias monoparentais nas que o proxenitor atópese nalgunha destas situacións. Ademais deben estar empadroados no Concello de Sarria ou os pequenos estar escolarizados nun centro educativo da vila.

Do 26 de maio ás 12.00 horas ata as 14.00 horas do 2 de xuño abrirase o prazo, se quedan prazas libres, para o resto de familias empadroadas en Sarria ou cuxos pequenos cursen estudos nun centro do Concello. E do 2 ao 9 de xuño será inscrición libre no caso de quedar aínda vacantes.

As solicitudes de inscrición poden presentarse na secretaria do CEIP Frei Luis de Granada , EEI Xela Arias, CEIP Antonio Fernandez López, CPR plurilingüe La Asunción, en Sarria Concilia Curso Escolar e a través do AMPA La Merced.

DO 28 DE XUÑO AO 7 DE SETEMBRO

Esta edición de “Re-Actívate, Campamento urbán de conciliación Sarria Concilia 2022” comezará o 28 de xuño e finalizará o 7 de setembro. As actividades deportivas e lúdicas así como as excursións, realizaranse de 9.30 a 14.00 horas e os interesados disporán tamén dun servizo de madrugadores de 7.30 a 9.30 horas e outro de comedor, sempre e cando haxa un mínimo de dez nenos interesados, ou garda custodia de 14.00 a 15.30 horas.

O coste de cada un destes servizos será de 8,86 euros por quincena e nesta ocasión haberá seis turnos distintos, un máis que na pasada edición, ademais de que cada turno pasará de 90 a 120 prazas, co que o volumen total de prazas ofertadas case se vai duplicar, pasando de 450 no ano 2021 a 720 para este verán.

Os turnos nesta edición de “Re-Actívate, Campamento urbán de conciliación Sarria Concilia 2022” serán:

  • 28 de xuño ao 3o de xuño
  • 1 de xullo ao 15 de xullo
  • 16 de xullo ao 31 de xullo
  • 1 de agosto ao 15 de agosto
  • 16 de agosto ao 31 de agosto
  • 1 de setembro ao 7 de setembro