Skip to main content
Sarria

O Concello de Sarria envía a información do ‘Campamento de Verán Bilingüe’ aos colexios e o suspende á media hora

Por 26 Maio, 2022Maio 28th, 2022Sin comentarios

Finalmente o polémico Campamento de Verán Bilingüe que en teoría ía organizar en Sarria o Concello e a empresa vallisoletana Instituto PAE non se vai celebrar. A aparición a principios de semana de varios carteis no vila provocou as queixas dos veciños, especialmente das academias de inglés, doidas porque a corporación municipal non contara con elas para levar a cabo esta iniciativa. O BNG fíxose eco deste descontento cun comunicado no que anunciaba que no pleno de este xoves plantexaría ao grupo de goberno varias preguntas sobre este campamento.

Pero parece que non vai ser necesario aínda que a primeira hora da mañá do mércores semellaba todo o contrario. Porque os pais e nais dos nenos e nenas que cursan os seus estudos en diversos centros educativos de Sarria, como por exemplo os do CPR Plurilingüe La Merced, despertaron cunha mensaxe co cartel deste Campamento de Verán Bilingue e un enlace de acceso ao díptico coa información completa e a folla de inscrición que debían entregar no propio Concello de Sarria se querían participar nesta actividade.

Pasaban por pouco das dez da mañá. Mais nin media hora despois desa primeira mensaxe, os proxenitores recibían outra comunicación anulando todo o anterior e poñendo fin á polémica cun escueto “infórmannos desde o Concello que se cancela o Campamento de Verán Bilingüe por motivos de organización”.