Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Os mariñáns Tumba e Dálle, gañadores do Interritmos-Sons do rural

Por 6 Xuño, 2022Xuño 7th, 2022Sin comentarios

Actuaron nunha gala no Grove, onde se decidiu aos dous gañadores finais.

O grupo Tumba e Dálle, formado por mozos e mozas de San Miguel en Barreiros, Rinlo, Ribadeo, Trabada e Lourenzá, gañou o concurso Interritmos Sons do Rural celebrado no Naútico de San Vicente no Grove xunto co grupo Abril.

Ao concurso enviaron una maqueta do seu tema Concha da Ialma polo que foi seleccionado entre os 6 finalistas e entre una lista de máis de 20 participantes.

As 6 propostas finalista por un xurado profesional actuaron nunha gala celebrada o sábado 4 de xuño, onde o mesmo xurado decidiu os dous gañadores finais.

“Para nós xa foi un premio estar entre os seleccionados e tocamos no Grove con toda a ilusión e sen presión ningunha, coa idea de disfrutar ao máximo do momento”, aseguran dende o grupo.

Na gala cada finalista dispuxo de 10 minutos de actuación e tocou un mínimo de dous temas. Os outros 4 finalistas foron Mediarea, Momboi, Asociación Os Liantes e Maghúa.

Dende Tumba e Dálle , con máis xa de 10 anos de traxectoria artística, afirman que isto supón renovar a ilusión por seguir ensaiando e tocando: “ilusión temos sempre pero é certo que ás veces se fai duro ensaiar semana tras semana e que o teu traballo apenas teña repercusión fóra da comarca. A idea de presentarnos era principalmente esa, dar a coñecer o que facemos dende este recuncho do país, así que nese senso obxectivo máis que cumplido”

O Concurso Interritmos- Sons do Rural  é un evento xa consolidado na música tradicional do País e está organizado por Grupos de Desenvolvemento Rural, Asociación de Desarrollo Local Deloa, Ribeira Sacra-Courel , Salnés Ulla Umia e a Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes.

O premio para os dous gañadores finais consiste na participación dun circuito musical por eventos por todos os territorios citados , destacando entre outras a participación no Festival da Luz, en Boimorto así como a gravación dunha peza nun estudio profesional e un videoclip de promoción.