Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

As fogueiras de San Xoán regresan esta noite

Por 23 Xuño, 2022Sin comentarios

As fogueiras de San Xoán e San Pedro, que terán lugar a noite do 23 e 28 de xuño, alumearán a noite de hoxe e do vindeiro martes. Hoxe toca a cacharela de San Xoán e en moitas das celebracións contarán con música que amenize a festa, churrasco, sardiñadas e moita diversión.

Ás celebracións públicas únense tamén as privadas, trala solicitude dos permisos, e así darán a benvida ao verán e queimarán os malos presaxios.

A PONTENOVA

O Concello da Pontenova acollerá a noite do xoves 23 de xuño a tradicional fogueira ou cacharela de San Xoán, na que contarán con verbena no forno do Boulloso.

A organización informa de que a verbena será a partir das 22.00 horas e contará coa actuación musical da Asociación Musical A Chocolateira. Ademias haberá chourizo á grella e pan e servizo de bar para os asistentes.

Por outra banda, os invitados poderán asistir a un servizo especial de tirolina de 21.00 a 23.00 horas para celebrar o solsticio de verán a un prezo especial.

ALFOZ

A cacharela está organizada pola Asociación O Castelo e será finalmente no pavillón municipal pois anteriormente ía celebrarse no campo da festa de San Pedro de Mor pero polas climatoloxía será imposible.

A xornada comezará ás 21.00 horas cunha cea a base de saridñas, pancetada, chourizo e pan. Toda a festa está amenizada pola discoteca móbil Pisando Pista.

BURELA

Esta noite do 23 de xuño dará comezo a festa temática burelesa cunha noite de lume na que haberá sardiñas e churrasco fronte á praza do Concello.

A festa castrexa propiamente dará comezo a noite do día 24 cunha representación teatral de temática castrexa e queimada, o sábado 25 haberá xogos castrexos na praia , sesión vermú con orquestra, Búsqueda do Torques e pola noite haberá verbena.

CERVO

San Cibrao vivirá unha gran festa de San Xoán da man de A Rebolaxe ademais de que haberá moita música, comida e por suposto unha gran fogueira.

O evento, que terá lugar no aparcamento do estanco na Praia do Torno, comezará o xoves 23 ás 19.30 horas, momento no que está previsto a actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona; e ás 00.00 tocará a banda local The Lazy Bones.

Xa o venres 24 haberá sesión vermú con Mi rollo es el rock, ás 13.00 horas e ademais, sortearase unha pandeireta

FOZ

A festa, que será na rúa Corporacións Municipais, contará co pregón de Salustiano Alonsos Escalera ás 13.00 horas que dará comezo ao día de celebración.

Despois haberá sesión vermú con DJ Molete residente, e un xantar a base de paella que terá un prezo de 5 euros por ración. Xa pola tarde, ás 19.30 horas, será a actuación das nenas do grupo O Feitizo e acto seguido DJ Banana Jose seguirá animando a festa.

Xa a partir das 20.30 horas haberá churrasco, chourizo, pan e viño, por un prezo de 10 euros, ao que tamén se entrará nun sorteo. Pola noite tamén se poderá desgutar unha taza de queimada por 2 euros.

Toda esta cea estará amenizada polo Feitizo e o seu Baile de meigas, o acendido da fogueira, e a música de Moletriz e disco móbil Moletes e DJ Banana. Esta festa é posible co apoio de Pé do Molete, o Concello de Foz e a agrupación O Feitizo.

MONDOÑEDO

O barrio dos Muíños, na localidade de Mondoñedo, celebrará o Foleón de San Xoán na que os asistentes a este evento lúdico poderán gozar cos actos programados; colchonetas inchables a partir das 17.00 horas, unha cea ás 21.30 e despois a verbena con música co dúo Epo- k e unha actuación dun DJ.

Xa ás 00.00 horas será a quenda da esperada fogueira de San Xoán ou encendido do Foleón. Dende a organización informan de que se disporá de mesas e sillas para quen queira ir cear ou levar a cea.

O VALADOURO

O Concello do Valadouro organiza o Foleón de San Xoán a noite do xoves 23 de xuño ás 21.30 horas na explanada do parque Concepción Arenal.

Nesta tradicional cita haberá unha degustación de sardiña e viño ademais de poder desfrutar da queima da cacharela á medianoite amenizada por Conxuro discomovil.

Dende o Concello lembran que para que a cacharela se faga máis grande pooderase levar refugallos non contaminantes e despositalos na zona habilitada a tal efecto.

TRABADA

Este ano a Asociación Cultural O Picato organiza a tradicional cacharela de San Xoán que será a noite do xoves 23 de xuño malia o tmepo non o permite, farán unha celebración diferente.

Así, a partir das 21.30 horas no pavillón municipal de Trabada haberá música e comida para os asistentes.

Dende a organización lembran que se venderán sardiñar e serán de balde e a festa estará amenizada por DJ Borja.

VEGADEO

O Concello de Vegadeo prepara para a noite do xoves 23 de xuño a tradicional fogueira ou cacharela de San Xoán.

Pola tarde haberá un taller de elaboración de bonecos para a súa queima na cacharela en horario de 17.00 a 19.00 horas para nenos de 3 a 6 anos, e de 19.00 a 21.00 horas para maiores de 7 anos.  Este será no local de Mercasa e se o tempo o permite na explanada do recinto.

A partir das 19.00 tamén haberá inchables para os nenos e animación musical a cargo de Alejandro Martinez.

Esta cita será na explanada do recinto feiral e terá lugar xa pola noite con actividades e música para dar paso ás 22.00 ao acendido da fogueira. En breve iremos confirmando as novidades así como a cea.

VIVEIRO

As Festas de San Xoán de Covas no Concello de Viveiro xa contan con programación no que haberá 4 días de festa con música e actividades.

As festas comezarán o xoves 23 de xuño será a gran verbena coa orquestra Miramar e o grupo Arizona que amenizarán a lumeirada que será ás 00.00 horas,

A xornada do venres 24 de xuño comezará con pasarúas a partir das 11.00 horas a cargo da Escola de Gaitas Caharela de Covas, e ás 13.00 horas será a misa solemne e a procesión acompañada pola Banda Naval de Viveiro. A continuación haberá unha sesión vermú coa orquestra Trébol e xa pola noite, ás 22.30 horas, será a verbena a cargo de Trébol e Acorde.

O sábado 25 repetiránse os actos do venres, con pasarrúas e a sesión vermú aínda que nesta ocasión con Non Cho Digo e a Escola de Gaita Cacharela de Covas, e o vermú coa orquestra Suavecito.

Pola noite haberá unha gran sardiñanda no Campo da Pascua na que os asistentes poderán desfrutar desta delicia gastronómica a partir das 20.00 horas, e máis tarde Suavecito e Magos poñerán a nota musical.

O último día da festa, o domingo 26, desde as 17.00 horas celebrarase o Día do Neno con atraccións a prezos populares no Campo da Festa.