Skip to main content
Ourol

O Concello de Ourol acolle un curso de prevención de risco laborais no manexo de motoserra e rozadora

Por 21 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Ourol acolle do 27 ao 29 de xuño un curso de prevención de risco laborais no manexo de motoserra e rozadora.

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ten previsto celebrar este curso en horario de 9.00 a 14.00 horas no edificio multiusos.

Está destinado a persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso. No caso de haber máis solicitudes que prazas os criterios de selección son persoas con vinculación laoral ou formación na materia ou o resto do persoal.

Haberá 15 prazas e as persoas interesadas deberán utilizar o formulario que se recolle na web. Xunto coa solicitude achegarase tamén unha copia do DNI/NIF/NIE/Pasaporte e de ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (contratos de traballo ou títulos de formación).