Skip to main content
Lugo

Volven os Tardeos e Noiteos artísticos a Lugo

Por 18 Xuño, 2022Sin comentarios

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou o regreso dos Tardeos e Noiteos, “que este ano, a través do movemento Localmente Lucense, achegamos á totalidade dos barrios para enchelos de animación e actividades co fin de activar a economía local, sobre todo do comercio e a hostalaría, tan importante tras a pandemia”.

A rexedora lembrou que os Tardeos naceron o pasado ano para adiantar o horario das actividades de animación nas rúas en horario máis temperá, de 17.00 a 20.00 horas, pensando especialmente nos máis pequenos. “Tiveron tanto éxito que este ano queremos aproveitar o verán e levalos de xuño a setembro a todos os barrios con xogos e outras accións pensadas para ese público infantil e familiar”, sostivo. Os Tardeos completaranse con concertos, monólogos e teatro que se desenvolverán nos Noiteos, de 22.00 ás 00.00 horas.

Méndez comentou que o obxectivo é atraer á cidadanía e que aproveiten para consumir nos barrios, potenciando así os negocios de proximidade, creando relacións máis estreitas entre a veciñanza, algo que todos botamos de menos e que comezamos a valorar máis que nunca durante a pandemia”.

O pistoletazo de saída deu comezo onte, cun Tardeo na Praza do Castiñeiro, cunha sesión de xogos para crianzas, que incluía un carriño musical e a actuación do DJ Popy García, mentres que os Noiteos iniciaron a súa tempada en Augas Férreas coa actuación musical de La Disquetera.

A alcaldesa, que estivo presente tanto no Tardeo, coma no Noiteo, fixo un chamamento aos lucenses a participar “destas interesantes ofertas lúdicas para todas as idades, porque de nós depende tamén manter a vida dos barrios”.

Toda a Información puntual de actividades, que se desenvolve desde a concellería de Desenvolvemento Local e Emprego pódese consultar a través da seguinte ligazón: https://localmentelucense.gal/

PROGRAMA XUÑO

18 de xuño

22:00 – 00:00 h Noiteo en Cruce Calzada As Gándaras – Lois Pérez (monologuista)

20 de xuño

17:00 – 20:00 h Tardeo en Praza Augas Férreas – Carriño musical, A feira no teu barrio (xogos xigantes interxeracionais),  DJ Mr. Fishman

21 de xuño

22:00 – 00:00 h Noiteo en Praza Campo Castillo –  Wicked World (actuación musical)

25 de xuño

22:00 – 00:00 h Noiteo en Praza Camiño Primitivo – ¿Pero cómo que señor? (actuación musical)

27 de xuño

22:00 – 00:00 h Noiteo en Praza Viana do Castelo – PerGuiZán (actuación musical)

29 de xuño

22:00 – 00:00 Noiteo en Praza da Milagrosa – Muller (actuación musical co dueto con ollada feminina con Noelia Geada e David Taboada)

30 de xuño

17:00 – 20:00 h Tardeo en Praza do Camiño Primitivo – Carriño musical,  Spiribol Challenge e  DJ Kron

22:00 – 00:00 Noiteo en Praza da Soedade –  Mago Rafa (actuación de maxia)