Skip to main content
Sarria

Comezaron en Sarria as rutas dirixidas por Guido Guía

O ciclo de paseos guiados comezou onte baixo o lema #DescubrindoSarria.

 

Guido Álvarez Parga, máis coñecido como Guido Guía, foi o encargado de ensinar ás 28 persoas participantes o Centro histórico, Camiño Francés, Barbadelo, A Rañoá, Farbán e outros recunchos sarriáns. Nesta cita atopouse xente de diferentes procedencias como Perú, Venezuela, Moldavia, Ribadeo, Barreiros, Ribeira de Piquín, Lugo, O Saviñao, A Pobra do Brollón, Samos e Sarria.

A actividade é obra do Concello de Sarria e a segunda ocasión para gozar dos paseos gratuítos de Guido será o vindeiro 3 de xullo. Asemade, tamén hai outras datas fixadas o 7 de agosto e 4 de setembro. Todas elas serán realizadas en horario de mañá, de 11.00 a 13.00 horas.