Skip to main content
Sarria

Láncara acollerá este verán un taller de cerámica

A Asociación Cultural Val de Láncara é a promotora desta actividade.

Fica aberta a inscrición para este novo taller de cerámica que será impartido por “Ceniza de Papel”.  As sesións acontecerán na antiga escola de Láncara, pagando os non socios 15 euros e os socios 5 euros por semana. Asemade, o taller prolongarase dende o 27 de xuño ata p 8 de xullo e será ofertado de luns a venres, de 20.30 da tarde a 22.30 da noite.

No referente a dúbidas e inscricións, os interesados poden consultalas chamando ao 649108824 ou tamén ao 691175650.