Skip to main content
Sarria

O festival A Verbena comezará cun concerto gratuíto no Paseo do Malecón de Sarria

Por 12 Xullo, 2022Xullo 13th, 2022Sin comentarios

O festival A Verbena, organizado pola terraza do Meigallo no Concello de Sarria, comeza este sábado 16 de xullo cun concerto gratuíto no Paseo do Malecón.

Nesta cita musical o sábado 16 de xullo actuarán bandas como Belako, Sex Museum, Sexy Zebras, Jardín de la Croix, Mad Mission, Fonkid, Anarchicks e El Chico López.

Na xornada do venres polo momento están confirmados Le Temps du Loup, Cool Flanders e Lois Music Archeology,

Aínda que para o festival compre mercar a entrada, poderase desfrutar da música de Anarchicks o sábado 16 de xullo ás 13.00 horas cun concerto gratuíto no Paseo do Malecón.