Skip to main content
Sarria

Sarria acolle aos mellores magos na 17 edición do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

Por 16 Agosto, 2022Agosto 18th, 2022Sin comentarios

O evento que se celebrará entre o xoves e o domingo desta semana, reunirá a 24 ilusionistas que levarán os seus espectáculos a distintos puntos da vila.

Unha nova edición deste festival onde tanto nenos como maiores poderán desfrutar coas actuacións de máis dunha ducia de magos e ilusionistas que se darán cita en Sarria dende o xoves 18 de agosto e ata o domingo 21.

Os espectáculos terán lugar en espazos como a Casa da Cultura ou a praza da Vila.

O programa do XVII Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria comezará a súa andadura ás 16.15 horas cun espectáculo de maxia que terá lugar o xoves 18 na residencia de maiores e posteriormente no paseo do Malecón, ás 17.45 horas, haberá maxia infantil a cargo de ‘Edu, el mago’. Este mesmo día, os actos rematarán ás 22.30 horas coa gala inaugural ‘Sarria é maxia’.

Para o venres hai previstas varias actuacións e unha conferencia para magos, o sábado os eventos rematarán ás 01.00 horas da madrugada co ‘Open Magic’ e xa o domingo, dende ben cedo, terá lugar un espectáculo de maxia infantil ás 12.00 horas, a sesión vermú nas terrazas do Malecón, unha gala final e como colofón, ás 22.30 horas a gran gala final na praza da vila.