Skip to main content
Sarria

A Sociedade Cultural e Recreativa La Unión organiza unha cea en Sarria

Por 23 Agosto, 2022Abril 28th, 2023Sin comentarios

A Sociedade La Unión, con sede no municipio de Sarria, vén de organizar para o sábado 27 de agosto ás 22.00 horas unha cea para todo aquel que queira asistir.

Na iniciativa A nosa noite servirase polbo e carne ao caldeiro a tódolos asistentes que deberán aboar 35 euros para desfrutar dos alimentos. Poderanse retirar as invitacións ata maña día 24 ás 23.00 horas.