Skip to main content
Triacastela

Unha campaña de escavacións perseguirá novos achados na Cova Eirós

Por 26 Agosto, 2022Agosto 27th, 2022Sin comentarios

A Cova Eirós, pertencente ao concello de Triacastela, é a primeira cova en todo o noroeste peninsular onde se levan atopadas manifestacións de arte rupestre do período paleolítico. Arturo Lombera, que adoita ser coordinador das campañas de escavacións que se levan a cabo nesta superficie, encargarase tamén de supervisar esta iniciativa que se prolongará ata finais do mes de agosto.

Lombera explica que durante estes primeiros días os arqueólogos están recuperando material, “moita industria lítica e moita fauna”. O obxectivo segundo afirma é “acadar en toda a superficie do sector da entrada os niveis de paleolítico medio, cunha antigüidade de 80.000 anos, así como terminar a análise nos niveis de paleolítico superior“, sinala o codirector das escavacións.

No interior da cova, os arqueólogos ocuparanse de revisar os paneis e motivos artísticos para cerrar calcos de aqueles que permitan realizar un estudo máis en profundidade e revisar algúns sectores da cavidade que non se revisaran ata o de agora, na busca de novos motivos.

DENDE 2008

As investigacións que se están a desenvolver no entorno da Cova Eirós, forman parte do proxecto Ocupacións humanas durante o Pleistoceno na cunca media do Miño, dirixido polo historiador Ramón Fábregas e coordinado por Arturo de Lombera e Xosé Pedro Rodríguez. Dende 2008, desenvolvéronse coa actual, seis campañas de escavacións na cova e na entrada xa se localizaron varios niveles de ocupación do Paleolítico Medio e Superior, cunha antigüidade que oscila entre os 85.000 e os 35.000 anos, así como restos da Idade de Bronce e o medievo.