Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

Pecha a inscrición para o Lago DVSport

Por 30 Agosto, 2022Sin comentarios

O Lago DVSport pecha a quenda de inscrición para os xogadores que queiran realizar a súa alta como novo membro da familia na tempada 2022/23. Estas novas altas iranse efectuando ata completar os equipos co máximo de prazas ofertadas para cada categoría de fútbol sala feminino e masculino, ademais da escola de porteiros e a academia de tecnificación.

Este ano o club contará con 11 equipos. Os dous sénior (masculino e feminino), un cadete, dous infantís (masculino e feminino), 3 alevíns, 1 benxamín, 1 prebenxamín e 1 biberón. Os maiores están en Preferente e Primeira Autonómica, respectivamente e en Galega están os cadetes, os dous infantís e 1 equipo alevín. O resto xogan na liga autonómica.

O club oferta prazas en todas as categorías:

  • Biberón: anos de nacemento 2017,2018 e 2019.
  • Prebenxamín: anos de nacemento 2015 e 2016.
  • Benxamín: anos de nacemento 2013 e 2014.
  • Alevín: anos de nacemento 2011 e 2012.
  • Infantil: anos de nacemento 2009 e 2010.
  • Cadete: anos de nacemento 2007 e 2008.
  • Xuvenil: anos de nacemento 2004, 2005 e 2006.

Os interesados en inscribirse deberán poñerse en contacto co club no teléfono 679 371 472 ou no correo lagodvsport@gmail.com.