Skip to main content
Lugo

Entrevista: “Na última tempada o club deu un paso adiante moi importante coa creación da escola deportiva”

Por 17 Setembro, 2022Setembro 19th, 2022Sin comentarios

Andrés Mendez actual presidente do Club Waterpolo Lugo conta como é estar ó frente dun club nun deporte minoritario, que obxetivos teñen de cara a próxima tempada e cal é o recorrido do club ata agora.

Como nace o Club Waterpolo Lugo?

O Club Waterpolo Lugo nace da reunión de dous antigos xogadores do Club Waterpolo Santiago que remataron residindo en Lugo por motivos laborais. Botando de menos practicar waterpolo decidiron fundar un novo club, buscando apoio de coñecidos e amigos interesados por este deporte, dando lugar ó nacemento do Club Waterpolo Lugo en abril de 2018.

Como chega a dirixir o club e cantos anos levas como presidente?

Despois de unha primeira etapa como xogador cheguei á presidencia do club en 2020 tras a proposta dos socios e ante a marcha do anterior presidente por motivos laborais.

O primeiro ano foi compricado debido a que as restricción derivadas da pandemia limitaron o progreso do club e a consecución dos obxetivos programados. Na actualidade continuamos avanzando e mellorando como era de esperar.

Onda nace a súa vinculación co deporte?

Levo practicando deporte dende a infancia. Empecei xogando ó balonmán no colexio dende moi pequeno, despois por cuestións de horarios seguín facendo deporte en solitario, principalmente correr, que é o que máis practico actualmente.

Que tal foi a acollida do waterpolo na cidade?

A acollida por parte da cidade foi moi calurosa dende os inicios, nunca faltaron deportistas interesados en formar parte do club nin afecionados para encher as bancadas da piscina municipal de Frigsa. Tamén contamos co respaldo do Concello de Lugo así como de diferentes patrocinadores privados.

Con cantos deportistas e categorías conta o club?

Na última tempada o club contou cun total de 54 licenzas deportivas que participaron nas categorías absolutas maculina e feminina.

Cal é o recorrido do club nestes anos?

O club comeza presentando un equipo absoluto mixto na segunda división galega no que compite durante duas tempadas. No 2020 damos o salto ás máximas competición galegas presentando dous equipos absolutos un feminino e outro masculino que se manteñen ata hoxe. No ano 2021 iniciase a escola deportiva co obxectivo de crear unha canteira e formar rapazas e rapaces. A meta é incorporalos nun futuro a un equipo de categoría cadete que poida dar continuidade e viabilidade ó proxecto deportivo do club.

Con que dificultades se atopa un club de nova creación dun deporte minoritario?

No caso do waterpolo o mais difícil é contar cun espazo no que desenvolver adestramentos. As instalacións acuáticas son espazos moi demandados por usuarios e nos que ademais se levan a cabo cursos de natación e adestramentos de outras disciplinas deportivas. Por sorte o actual concelleiro de deportes, Mauricio Repetto, amosou unha especial sensibilidade polos deportes minoritarios, respaldando sempre o club e grazas o cal  podemos decir que contamos cun espazo suficiente para levar a cabo a nosa actividade

Que é necesario para poder xogar o waterpolo no CWL?

O único requisito indispensable para xogar é saber nadar, a partir de ahí calquera persona pode adpatarse ós adestramentos. Esta esta adaptación será mais sinxela canto maior sexa o nivel de natación ou si xa se ten experiencia en outros deportes de equipo.

Que valoración fai da ultima tempada?

Na última tempada o club deu un paso adiante moi importante coa creación da escola deportiva. Era un obxectivo que estaba na folla de ruta do club dende o principio e que é necesario para darlle continuiade o proxecto. Ademáis os equipos absolutos mostraron una certa mellora de rendemento por todo o cal o balance da pasada tempada é moi positivo.

Como se presenta esta nova tempada e cales son obxetivos para este novo ano?

O obxectivo fundamental para esta nova tempada é contar cun equipo en categorías inferiores que participe en competicións autonómicas. Tamén continuar coa progresión dos equipos en categorías absolutas aumentando a intensidade dos adestramentos na procura de que os resultados melloren respecto a campañas anteriores.