Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Vive Praza achega á Praza Maior os proxectos dos coworking municipais para darlles visibilidade

Por 5 Setembro, 2022Setembro 9th, 2022Sin comentarios

Este venres terá lugar unha xornada para dar a coñecer e poñer en valor os proxectos instalados nos viveiros de empresas municipais baixo o título Vive Praza. O evento terá lugar na Praza Maior, en horario continuado de 11:00 a 23:00 horas e onde se poderán coñecer unha vintena de proxectos, produtos e servizos emprendedores que están a medrar desde os viveiros de empresa municipais. Ademais, tamén haberá sesión vermú emprendedora para fomentar o networking, ludoteca para crianzas desde 3 anos, un obradoiro infantil relacionado co emprendemento, un contacontos, e como peche final unha actuación musical.

Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento Localmente Lucense, promovido polo executivo municipal, a través da área de Desenvolvemento Local e Emprego, que dirixe a edil Ana Abelleira. En concreto, trátase dunha das accións específicas postas en marcha pola alcaldesa para dinamizar os viveiros de empresas municipais.

A xornada dará comezo ás 11.00 con unha benvida, explicación da xornada e a apertura de postos do mercadiño emprendedor. Ás 12.00 terá lugar a primeira parte da presentación dos proxectos emprendedores dos viveiros e ás 14.30 unha sesión vermú a cargo do Dj Álex Mei.

Xa pola tarde ás 16.30 dará comezo a presentación da segunda parte dos proxectos emprendedores dos viveiros e ás 18.00 un contacontos para público infantil. tamén terá lugar un obradoiro infantil ás 19.00 e ás 21.00 será a entrega de diplomas e obsequios. Ó longo de todo o día dende ás 11.15 ata ás 23.00 haberá unha ludoteca infantil e ás 21.30 para finalizar o día haberá unha actuación musical a cargo de Los Alcántara.