Skip to main content
Sarria

Os Cursos de Iniciación de Adestradores de Sarria reciben moi boa acollida por parte do alumnado

Por 8 Setembro, 2022Sin comentarios

Un total de 40 alumnos pecharon esta fin de semana a súa formación presencial nos Cursos de Iniciación de Adestradores en Sarria e Vilagarcía da Federación Galega de Baloncesto.

Agora comezan a súa formación continua e online, un proceso que tamén realizarán da man do profesorado que xa compartiu con eles o seu tempo e experiencia en persoa

Estes cursos, enmárcanse dentro da programación que leva a cabo a FGB de Lugo para esta convocatoria do ano 2022 – 2023 na área de traballo para a nova tempada.

A delegación de Lugo, cuxa sede se atopa en Sarria, abriu estes primeiros cursos no nivel iniciación entre os días 2, 3 e 4 deste mes.

A normativa completa que especifica ao detalle a carga lectiva e a complementaria para os cursos de adestradores neste estado de iniciación, poderá consultarse na web https://www.fegaba.com/