Skip to main content
Sarria

O programa Coidados Porta a Porta estará en Sarria a finais deste mes

Por 17 Setembro, 2022Setembro 18th, 2022Sin comentarios

Este programa que visitará o concello de Sarria entre os días 27 e 30 de setembro, busca levar servizos asistenciais ás persoas maiores do rural para a prevención da dependencia.

Ofrecerá no Parque do Chanto consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a tódalas persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.

Estará dispoñible en horario de 09.00 a 20.00 horas.

Un autobús con profesionais de cada unha das especialidades permanecerá nesta localización durante os días 27, 28, 29 e 30 deste mes para poder atender a tódolos asistentes.

Pódese solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992 ou ben enviar un correo electrónico ao enderezo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal