Skip to main content
Sarria

Os Populares de Sarria contan xa con novo presidente: Fernando Carlos Rodríguez

Por 24 Setembro, 2022Setembro 26th, 2022Sin comentarios

O político vén de ser escollido durante o día hoxe, sábado, nun pleno que tivo lugar no congreso local a partir das 12.00 horas da maña e reuniu a un total de 240 persoas das 270 que estaban citadas.

O popular regresa á presidencia do partido logo de 14 anos de ocupar este mesmo cargo. Exerceu como presidente dos populares durante oito años, do ano 2000 ao 2008.

As candidaturas que postulaban optar á presidencia do Partido Popular eran tres: a de Luis Pardo, Fernando Carlos Rodríguez e José Manuel Bello.

Fernando Carlos Rodríguez convértese así no encargada en relevar a José Antonio García no mandato. Dende o Partido Popular agora teñen pendente anunciar o candidato á alcaldía para as eleccións do vindeiro ano 2023.

Fernando Carlos Rodríguez é exsenador do partido e actualmente formaba parte da comisión xestora.

Este congreso que tivo lugar durante o día de hoxe, convertíase no primeiro do PP en Sarria dende o ano 2013.