Skip to main content
Triacastela

Grandes festas patronais na parroquia de Santalla de Alfoz, en Triacastela

Por 5 Setembro, 2022Sin comentarios

Logo de dous anos de parón por mor da pandemia, volven as festas a Santalla de Alfoz, en Triacastela. Celebraranse este sábado ao longo de todo o día.

Ás 13.30 horas terá lugar unha procesión con destino campo da festa e ás 14.00 celebrarase a misa solemne con posterior sesión vermú e foliada a cargo do Trío Sensaciones.

Ás 15.00 haberá un xantar no furancho Rey de Copas, situado no campo da festa para o que xa se pode reservar mesa no teléfono 608 979 634.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas, comezará a música coa Charanga Licor-K, ás 18.00 horas haberá unha mostra de baile a cargo da academia de danza Magie Dance, ás 19.00 horas actuará de novo a charanga e ás 21.00 horas, pecharase a noite cunha cena de balde que incluirá chourizo, touciño, febra de porco e bebida.

Xa pola a partir das 22.30 horas a festa estará asegurada de novo co Trío Sensaciones.