Skip to main content
Mondoñedo

Listo o programa das San Lucas 2022

Por 5 Outubro, 2022Outubro 10th, 2022Sin comentarios

A comisión organizadora das San Lucas de Mondoñedo avanzou o programa que se desenvolverá este ano, no que recupera unha programación fóra das restricións que se viviron o ano pasado.

As San Lucas, que chegan a súa edición número 866 terá lugar do 14 ao 20 de outubro.

Así, deuse a coñecer o que será o pregoeiro este ano, Modesto Díaz García, mindoniense de 66 anos, conserxe durante 42 anos no IES San Rosendo, participou na política local durante 20 anos e sempre involucrado nos diversos eventos tradicionais en Mondoñedo.

Tamén se coñecen as orquestras que amenizarán o apartado musical este ano. Sucederanse dende o día 14 Charleston Big Band, Salsarena e Panamá, Punto Clave e América, Aroma e Panorama, Principal e Los Satélites e Tekila.

Os actos comezarán o venres 14 co pregón de Modesto Díaz ás 20.30 horas no auditorio e xa pola noite coa verbena a caargo da orquestra Chraleston Big Band.

O sábado 15 serán os actos arredor do cabalo ás 12.00 horasco Conccurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega. Tamén haberá unha xuntanza de tractores clásicos e un monólogo de David Amor entre outras moitas actividades e a verbena da noite será con Salsarena e Panamá.

Xa o domingo 16 seguirán os concursos equinos pero nesta ocasión de andadura e tamén a homenaxe á imprenta e a Pascual Veiga, e o encontro folclórico con A Subela de Foz, Dambara de Burela, Amado Lar do Valadouro e Asubíos da Chaira de Cospeito. A verbena da noite será a cargo de Punto Clave e América.

O luns 17, Día das Vésperas, volve un dos actos clave das festas, a baixada dos cabalos polas rúas da vila ás 18.00 horas. E pola noite a música estará da man de Aroma e Panorama.

O martes 18 será a gran feira de gando tradicional de gando cabalar no Campo da Feira e o I Concurso de Andadura Cabalo Marchador Galego. A verbena será con Principal e Los Satélites.

O mércores 19 haberá misa na Catedral ás 12.00 horas, teatro e pasacalles, e un espectáculo de doma nocturna que pechará a noite coa verbena de Tekila.

Por último o xoves 20 tan só haberá espectáculas polas rúas e un xantar-baile no pavillón municipal co Dúo Principal así como unha obra de teatro.

CONCURSOS

Outro ano máis volverá os concursos de Andadura Galega no recinto da granxa pola celebración das San Lucas de Mondoñedo. Serán o domingo 16 de outubro ás 11.30 para eguas e cabalos de menos de 1.51 metros, Serrada e Chapeada. E ás 16.30 será o de eguas e cabalos de máis de 1.51, Serrada e Chapeada. Ambas contan coa colaboración de Apreval.

O martes 18 ás 16.30 terán a proba do campionato galego de andadura do CMG (Cabalo Marchador Galego), Serrada e Chapeada. que contan coa colaboración de Puraga.

O período de preinscripción estará aberto ata as 23.59 do 9 de outubro.

Para preinscribirse en +1.51mts e -1.51mts haberá que cubrir a ficha que aparece nas súas redes sociais., e para o CMG habera que chamar o número teléfono 689 419 722.

AS SAN LUCAS

Será esta unha edición na que non estará á fronte da mesma Miguel Souto, que foi substituído por Miguel Paz. Souto deixou oficialmente a presidencia da comisión no mes de agosto tras dez anos liderando a asociación e dirixindo a organización das San Lucas.

As San Lucas son unhas das máis importantes feiras tradicionais de Galicia, cuxo orixe se remonta a 1156, ano no que Alfonso VII concedeu á vila unha festa de oito días.

As feiras de As San Lucas son, fundamentalmente, de gando, con feira cabalar, concurso de gando, de andaina galega, modalidades serradas e chapeada, un concurso canino e distintas exhibicións.

Non faltan charangas, xogos tradicionais, verbenas e concertos todos os días, e unha feira-mostra de produtos agroalimentarios e de maquinaria.